Ferpel
O mércores 14 de decembro de 2022, o club gastronómico realizou a súa terceira saída gastronómica. Nesta ocasión, o destino elixido foi o restaurante «Ferpel Gastronómico», situado en Tapia de Casariego, Asturias.
Mencionar que nesta ocasión o clube convidou a participar na degustación a unha persoa allea, e a miserabel rexeitou a invitación.
O restaurante está dirixido polo chef Elio Fernández Peláez, un novo cociñeiro que colleitou numerosos premios e recoñecementos, entre eles a Estrela Michelin.
A experiencia comezou cunha visita ás cociñas e á zona na que se preparan os panes. O persoal ofrecéunos unha degustación de queixos asturianos, unha excelente maneira de abrir o apetito.
Para a comida, eliximos o menú longo, o menú «A Figueira». O menú consta de 11 pratos, que se sirven nunha orde coidadosamente deseñada para que os sabores e texturas se complementen entre si.
O que máis nos gustou do menú foi a tarta de queixo. Era unha tarta cremosa e esponxosa, cun sabor intenso e un toque de mel que a facía aínda máis especial. A única pega que lle atopamos ao menú foi que a tarta de queixo era un prato para compartir. Aínda que nos gustou moito, gustaríanos poder disfrutala por completo.
En definitiva, a nosa experiencia en «Ferpel Gastronómico» foi moi positiva. É un restaurante que recomendamos encarecidamente a todos os amantes da gastronomía asturiana.
Tipo de cociña
Actual e tradicional
Menús
- Menú clásico
- Menú A Figueira