Pepe Vieira
É un milagre atopar un establecemento así en pleno campo! Ademais, agora tamén atesoran 14 sorprendentes habitacións como complemento, deseñadas a modo de vangardistas cubos independentes para introducir aos seus hóspedes no entorno.
Neste espectacular restaurante, rodeado de bosques, xardíns e terrazas, o chef Xosé T. Cannas atreve-se con todo, así que explora receitas e ingredientes foráneos para combinalos cos excelentes produtos locais (sobre todo de orixe mariña) nos seus menús degustación, que procuran trasladarnos aos orixes da cociña galega, a que aquí definen como… ¡a última cociña do mundo! A experiencia, coa sostibilidade de fondo, comeza con uns aperitivos no horto e, a partir de aí, percorre distintos espazos do edificio ata concluír na sala, aberta á natureza a través dun inmenso ventanal. ¡Explican os ingredientes de cada prato con auténtica paixón!
Tipo de cociña
Creativa
Menú
- Romasanta
- O Señor de Andrade